lunes, octubre 23, 2006

Historia do Clube en Primeira


SD Compostela, o primeiro equipo de Galicia
Non, o título da entrada non está equivocado... se retrocedemos 10 anos no tempo. Nunha semana na que voltamos a vibrar cun derby galego en Primeira División, a alguns viunos a memoria o recuerdo dun modestísimo equipo que fai agora exactamente doce anos encaramábase as posicións de privilexio da máxima categoría do fútbol español. Na xornada 16 da tempada 1995/1996, a Sociedade Deportiva Compostela ocupaba a cuarta posición na tabla, por detrás de Atlético de Madrid, RCD Espanyol e FC Barcelona. Deportivo e Celta tiñan que conformarse con observar as andanzas do seu veciño pobre a 9 e a 12 puntos por debaixo, respectivamente.Aquel simpático equipo consiguera o ascenso a Primeira División, por primera vez na sua historia, na tempada anterior, e a 95/96 era a da sua confirmación na elite. Pero mais alá de simplemente confirmarse entre os veintidous millores do fútbol español, o equipo santiagués deu unha lección ós grandes, alcanzando o subcampionato de inverno no mes de Febreiro de 1996, por detrás dun Atlético de Madrid que aquel mismo ano conseguiría o seu recordado "doblete".Aquel Compos, entrenado polo hoxe entrenador celtiña Fernando Vázquez, tiña unha columna vertebral ben definida, sobre a que descansaba todo o equipo. Co sobrio Falagán na porta, o efectivo Nacho no lateral esquerdo, centrales modestos pero de garantías como Villena ou Bellido, apuntalados por xogadores como o xa veterano Tocornal ou o eficaz Mauro no lateral dereito, os de Vázquez convertíronse nun dos equipos más difíciles de batir de toda a categoría.Xunto a elles, un mediocampo ben traballado, de esos que os aficionados recitábamos de memoria. A regularidad e o inagotable fondo físico do francés Frank Passi na posición de mediocentro e exercendo de único pivote, o compromiso de José Ramón, o hispano-brasileiro Fabiano (probablemente o millor xogador que xamáis pasou pola SD) aportando técnica e forza a partes iguales e a polivalencia de Ángel Lekumberri entrando pola banda esquerda, definían a un equipo construido a base de retais e xogadores semidesconocidos, pero que sempre ofrecían un extraordinario rendimento.O ataque compostelano naquela tempada 95/96 era cousa do nixeriano Nussa Ohen e do danés Bent Christensen, auténtico trotamundos do fútbol. Ohen rindeu a un altísimo nivel, sempre que as lesións lle respetaron en Santiago, sendo o máximo goleador na historia do Compos en Primeira División. Pese o seu carácter tímido e introvertido, o nixeriano deixou un gran recordo na afición de Santiago.Aquela tempada o club da capital galega alcanzou cotas inimaginables. Ó subcampeonato de Inverno xa mencionado, sumaronselle-las importantes vitorias contra o Deportivo en San Lázaro (4-0), contra o Celta en Balaídos (0-1) e contra o FC Barcelona en San Lázaro (2-1). O final de esa histórica tempada, o Compostela rematou na 10ª posición da taboa, a súa millor clasificación na súa corta historia.Tras catro inolvidables anos na máxima categoría. Antes de consumarse o seu descenso, o Compos ainda tivo tempo de darse o gustazo de conseguir a sua maior goleada na Primeira División. O 10 de Maio de 1998, o Compostela endosaba un inolvidable 2 a 6 ó Deportivo en Riazor.Nesos catro anos foi o único equipo de Galicia que cedeu os seus dereitos á Televisión de Galicia ainda cando pagabanlle menos que outras televisións ,e o baixar a segunda, todo o diñeiro acordado, co cal contaba o Compos non o recibiu como estaba acordado e así empezaron os seus problemas económicos,ademais de non poder desfacerse dalgúns xogadores con fichas altas , e un periódico bombardeando constantemente ó clube.Tras varios anos en Segunda e Segunda B, o clube compostelano finalmente sucumbeu e veuse abocado a desaparición. Actualmente refundado, disputa os seus encontros dirixido dende o banquillo polo ex-xogador Fabiano Soares, na Rexional preferente, ante pouco máis de 400 afeccionados, nun destartalado Multiusos de San Lázaro, co soño de voltar un día a ser el que foi.

2 Comments:

Blogger Hijo de Guti said...

noraboa polo traballo de documentacion.pero botase de menos un galego mais normativo. Demasiados castelanismos..non sei, disfrutariamos mais se o puideses revisar e escribir correctamente. E unha opinion

7:15 p. m.  
Blogger Paulus said...

E logo non tiñas outra foto para por neste artigo máis que o gol que marcou Ronaldo pola indolencia de Chiba e Xosé Ramon. Recoméndote o 2-6 de Riazor(partido histórico),é unha proposta para non cheirar a culé.

4:41 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home