lunes, octubre 23, 2006

Santa Isabel

Inaugurado o 22 de setembro de 1963, foi o estadio no que se desenrolou todo o historial deportivo da S.D. Compostela ate a tempada 1993-94, na que o equipo pasou a xogar no Multiusos de San Lázaro. Sta. Isabel viviu os seus momentos mais polémicos cando, ó pouco de vincularse ó Compostela, o presidente do clube, Elisardo García, decidiu acometer o derribo do entarimado de palcos de madeira con que contaba, enton, o estadio, e abrir unha porta na muralla que daba ó Cuartel, fronte ó espacio onde despois se levantaría a tribuna. O enton alcalde, Angel Porto Anido, fixo valer os dereitos de propiedade municipal, xa que a obra non contara co permiso correspondente, pero non houbo maiores enfrontamentos entre o Concello e o clube, que por outra banda, conseguiria uns ingresos de 250.000 pesetas pola explotación publicitaria do estadio durante os encontros do Compostela nos seus primeiros cinco anos de xogo en Santa Isabel. Outro presidente do Clube, Romero Puente, contribuiria a construcción da tribuna cuberta, réplica e contrapunto da tribuna primitiva. Tra-la aprovación do proxecto polo axuntamento o 17 de xuño de 1969, a Caixa de Aforros de Santiago financiou as obras, firmadas polos arquitectos, Baltar e Bartolomé e executadas pola constructora Cousa. Durante o tempo de mandato do presidente José Albarrán Juárez, dotouse ó estadio, con capacidade para 8.000 espectadores, de iluminación eléctrica. As instalacions eléctricas significaron para o clube unha inversión de un millón de pesetas. Anos despois, detras de Santa Isabel acondicionouse un terreo de xogo para as competicions dos xuveniles e o adestramento do primeiro equipo, pero a necesidade de untilizar este terreo para a construcción do actual Pabellón Polideportivo Municipal motivou a desaparición do citado campo.