lunes, octubre 23, 2006

San Lázaro


É o Estadio actual do Comps, atópase no barrio de San Lázaro, ó noroeste da cidadee requeriu unha inversión aproximada de tres mil millons de pesetas.Foi obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois, realizada pola empresa constructora Entrecanales. A sá capacidade son 14.000 espectadores, cómodamente sentados en butacas independentes e a resgardo da chuvia.Dispón dun aparcamento para 2000 prazas e un campo de futbol anexo para os adestramentos de 106x64 metros.O estadio, foi inaugurado o 24 de xuño de 1993 co primeiro partido dun torneo cuadrangular entre os equipos R.C. Deportivo da Coruña, River Plate, Sao Paulo e Tenerife. Este primeiro partido disputariano o Deportivo e o River Plate e finalizaria co resultado de empate a 1 gol. O primeiro gol neste estadio marcariao Roberto Gama de Oliveira "BEBETO". Dous dias despois deste torneo houbo unha xornada de portas abertas que permitiu os aficionados conocer en detalle as novas instalacions polideportivas.