lunes, octubre 23, 2006

HISTORIA DENDE 1928

(foto do primeiro Compos no 1962)

A Sociedade Deportiva Compostela sufriu moitos avatares ata chegar a sela entidade deportiva representativa da Capital de Galicia.
Coñecida popularmente como "esedé" foi fundada no ano 1.928 por Ramón Castromil Casal.
Tivo a súa primeira época dende 1.928 ata o estourido da Guerra Civil Española, e o seu campo era o antigo da Choupana, militando en categoría Rexional. Pachuco, Porto, os irmáns Pombo, o propio Ramón Castromil e o futuro refundador da entidade, Elisardo García, foron varios dos futbolistas destacados na SD antes da Guerra.A comezos da década dos cuarenta Ramón Castromil voltou a funda-lo Compostela, pero a situación na cidade cambiara, o antigo campo da Choupana desaparecera e no seu lugar construíase o futuro Hospital Gil Casares.A actual S.D. fundada no 26 de Junio de 1.962 nunha reunión celebrada no Hostal dos Reis católicos, na misma acordouse o nome do novo clube e constituiuse a primeira directiva. Entre as súas primeiras xestións destacou a contratación do primeiro entrenador, Degomerto Moll quen firmou un contrato ca entidade por cen mil pesetas, logrando o ascenso a 3ª División. En soldos de xogadores o primeiro Compostela da historia gastou 690.000 pesetas có que cada futbolista do equipo percibiu uns ingresos medios de 3.000 pesetas mensuais.O 28 de outubro de 1.962, fusionouse co Club Arenal, e as condicións da fusión determinaban que o arenal actuaría como filial da S.D. Tamén fixábase o uniforme de ambos equipos: Camiseta azul e branca para o Compostela e camiseta branca para o Arenal equipo que pouco despois desaparecería. Durante úas décadas vivíu con certa tranquilidade entre 3ª e 2ª B.A primeira crise chegou en 1.986 co descenso a 3ª División cando presenta a súa dimisión coma presidente Francisco Estepa, tra-lo escándalo motivado pola presunta oferta de diñeiro realizada polo Pontevedra para resolver-la súa permanencia en 2ªB e polas débedas que tiña o clube. Pouco antes de escomenza-la liga, o Compos que non tiña presidente nin prácticamente equipo estivo a piques de desaparecer, colléndoo en últimas instancias unha xunta xestora entre os que figuraban José María Caneda, Suso Míguez e Braulio Anca, poniendo como presidente a Manuel Carballal Pazos, e pouco despois voltaron a recompoñer-lo equipo, dirixido por Manolo “Petaca”.Dín do controvertido ex-presidente que colleu o Compos despois de Pazos,(Caneda), que facía os números nunha servilleta. E é certo. Tanto com que garda na súa memoria as grandes cifras do seu mandato: "Cando ascendimos a terceira tiñamos un presuposto de 13 millóns de pesetas, na segunda B subimos con 65, e de Segunda a Primeira con 225. Na primeira empezamos con 480, o ano seguinte 570, e chagamo a 1.485. Paradóxicamente, a tempada de máis opulencia rematou co descenso.O maquinista que conduciu a nave azul e branca dende Terceira a Primeira en só cinco anos foi Fernando Santos. Xa se comprometera con Caneda e ainda non había tomado os mandos do equipo cando acudiu a Santa Isabel a pulsar o ambente da que sería en breve sua nova casa. Non recorda o rival, pero sí un detalle sustancial: "Cheguei con tempo a un partido, creo que da Copa Galicia e entretívenme contando os espectadores, había 189. O tren azul e branco empezou a crecer, e a volar. Aquel escaso número de seguidores multiplicouse por setenta: Conseguimos batir récords, no ascenso a Primeira, e en algún partido da máxima categoría, deronse cita en San Lázaro 14.000 persoas".Entre unha estación e outra hay unha parada especialmente emotiva para os compostelanistas da casa: o ascenso a Segunda División. Chuco Barreiro, utilleiro do clube durante trinta anos, non duda en calificalo como a alegría máis grande. "O salto a Primeira veu moi pronto. Pero, daquela, chegar a Segunda xa era moito". Suso Moure, xogador santiagués que viviu a peor etapa dos oitenta, o progreso dos noventa e, xa como integrante do corpo técnico, o declive do século XXI, tamén apuntaba recentemente, tras desvincularse do clube, o partido frente o Badajoz que transportou ó Compos a categoría de prata, o día de San Xoan de 1991: "Aquel equipo todavía tiña moito de fútbol afeccionado". Era a época dos entrenamentos no campo inclinado de Lavacolla, cando futbolistas e técnicos xogábanse as tortillas do aperitivo.
No 91 incorporouse ó tren azul e branco, da mano de Caneda, José González Fidalgo. Xuntos formaron un tándem que nunca pasou inadvertido. E pouco despois acaeciu un episodio que quizás non foi valorado na su xusta medida. O Compos convirtiuse en sociedade anónima o 30 de xunio de 1992, tras suscribir un capital social de 87 millóns de pesetas. O Concello tivo que por a mitade para que o proceso chegase a feliz término. A cidade non había dado para máis, e Caneda, con apenas dez accións, convertiuse en presidente.Volvendo o ano 91, cabe recordar que o novo xerente foi o primeiro en falar da Primeira División, incluso antes de que o equipo debutase na categoría de prata."Puse el ejemplo del Albacete(o chamado queixo mecánico deBenito Floro)-rememora Fidalgo-.E o conseguimos. Sen dúbida, o partido do ascenso ante o Rayo, en Oviedo, foi algo inesquecible".Santos pondera a xesta nunha perspectiva diacrónica: Supuso a culminación, acabar un proceso para un equipo que empezou como amateur e alcanzou a millor Liga do mundo. Fabiano emocionase cando vota a vista atrás: Fue algo increíble. Toda la ciudad se volcó, salió todo bien».Da man de Fernando Santos, o equipo salvou con éxito o desafío da permanencia. E da man de outro Fernando, Vázquez, chegou a proclamarse subcampeón de inverno na tempada 95/96, a da remontada frente o Barça de Cruyff (2-1), con 42 puntos ó paso polo ecuador da Liga.En 1998 empezou a virar la dirección do vento. O Compos perdeu a categoría na promoción co Villarreal.
Cun equipo millonario, non foi capaz de retornar á máxima categoría. E o tercer ano os problemas económicos comenzaron a comerlle espacio a actualidade deportiva. A plantilla encerrouse en abril para reclamar os seus salarios, os resultados non remataron de acompañar e, o final, o colectivo baixou a Segunda B,voltando a ascender a seguinte tempada a segunda división, pese a estar cinco meses sen cobrar, e logran permanecer en Segunda sen recibir unha sola mensualidade en toda a tempada.
Colle en xulio do 2003 a presidencia da S.D. dicindo que tiña todo-los cabos atados para competir en Segunda e pagarlle-los xogadores, D. Juan Silva, o cal non efectúa os pagos os xogadores coma había prometido o colle-lo equipo e a S.D. administrativamente descende a 2ªB. Non serviu para que o tren azul e branco recuperase o seu esplendor. O contrario. Foi perdendo o rumbo e a estructura. En Segunda B, os apoyos difumináronse e os embargos multiplicáronse. Compre recordar os cartos(400 millóns de pesetas)que a TVG según din, e ainda se atopan en xuizos, lle tiña que pagar o Compos e non lle pagou, cos cales todo esto seguramente non houbera sucedido. O Compos agora mesmo xoga na Rexional Preferente Galega Norte, despois de que o descenderan novamente de 2ªB a rexional polos problemas económicos. Unha xunta xestora posta polo xuíz, está facéndoo desaparecer. Xa se subastaron todas as pertenzas do clube, na que cabe destacar a compra por parte do Sr. Balboa de tódolos trofeos do clube para que non se espallasen, e a merca tamén da Historia e o nome e os dereitos do Clube por parte de José maría Caneda, que dí que en 5 anos voltará a por o Compos en 2ª división. SORTE COMPOS.

Historia do Clube en Primeira


SD Compostela, o primeiro equipo de Galicia
Non, o título da entrada non está equivocado... se retrocedemos 10 anos no tempo. Nunha semana na que voltamos a vibrar cun derby galego en Primeira División, a alguns viunos a memoria o recuerdo dun modestísimo equipo que fai agora exactamente doce anos encaramábase as posicións de privilexio da máxima categoría do fútbol español. Na xornada 16 da tempada 1995/1996, a Sociedade Deportiva Compostela ocupaba a cuarta posición na tabla, por detrás de Atlético de Madrid, RCD Espanyol e FC Barcelona. Deportivo e Celta tiñan que conformarse con observar as andanzas do seu veciño pobre a 9 e a 12 puntos por debaixo, respectivamente.Aquel simpático equipo consiguera o ascenso a Primeira División, por primera vez na sua historia, na tempada anterior, e a 95/96 era a da sua confirmación na elite. Pero mais alá de simplemente confirmarse entre os veintidous millores do fútbol español, o equipo santiagués deu unha lección ós grandes, alcanzando o subcampionato de inverno no mes de Febreiro de 1996, por detrás dun Atlético de Madrid que aquel mismo ano conseguiría o seu recordado "doblete".Aquel Compos, entrenado polo hoxe entrenador celtiña Fernando Vázquez, tiña unha columna vertebral ben definida, sobre a que descansaba todo o equipo. Co sobrio Falagán na porta, o efectivo Nacho no lateral esquerdo, centrales modestos pero de garantías como Villena ou Bellido, apuntalados por xogadores como o xa veterano Tocornal ou o eficaz Mauro no lateral dereito, os de Vázquez convertíronse nun dos equipos más difíciles de batir de toda a categoría.Xunto a elles, un mediocampo ben traballado, de esos que os aficionados recitábamos de memoria. A regularidad e o inagotable fondo físico do francés Frank Passi na posición de mediocentro e exercendo de único pivote, o compromiso de José Ramón, o hispano-brasileiro Fabiano (probablemente o millor xogador que xamáis pasou pola SD) aportando técnica e forza a partes iguales e a polivalencia de Ángel Lekumberri entrando pola banda esquerda, definían a un equipo construido a base de retais e xogadores semidesconocidos, pero que sempre ofrecían un extraordinario rendimento.O ataque compostelano naquela tempada 95/96 era cousa do nixeriano Nussa Ohen e do danés Bent Christensen, auténtico trotamundos do fútbol. Ohen rindeu a un altísimo nivel, sempre que as lesións lle respetaron en Santiago, sendo o máximo goleador na historia do Compos en Primeira División. Pese o seu carácter tímido e introvertido, o nixeriano deixou un gran recordo na afición de Santiago.Aquela tempada o club da capital galega alcanzou cotas inimaginables. Ó subcampeonato de Inverno xa mencionado, sumaronselle-las importantes vitorias contra o Deportivo en San Lázaro (4-0), contra o Celta en Balaídos (0-1) e contra o FC Barcelona en San Lázaro (2-1). O final de esa histórica tempada, o Compostela rematou na 10ª posición da taboa, a súa millor clasificación na súa corta historia.Tras catro inolvidables anos na máxima categoría. Antes de consumarse o seu descenso, o Compos ainda tivo tempo de darse o gustazo de conseguir a sua maior goleada na Primeira División. O 10 de Maio de 1998, o Compostela endosaba un inolvidable 2 a 6 ó Deportivo en Riazor.Nesos catro anos foi o único equipo de Galicia que cedeu os seus dereitos á Televisión de Galicia ainda cando pagabanlle menos que outras televisións ,e o baixar a segunda, todo o diñeiro acordado, co cal contaba o Compos non o recibiu como estaba acordado e así empezaron os seus problemas económicos,ademais de non poder desfacerse dalgúns xogadores con fichas altas , e un periódico bombardeando constantemente ó clube.Tras varios anos en Segunda e Segunda B, o clube compostelano finalmente sucumbeu e veuse abocado a desaparición. Actualmente refundado, disputa os seus encontros dirixido dende o banquillo polo ex-xogador Fabiano Soares, na Rexional preferente, ante pouco máis de 400 afeccionados, nun destartalado Multiusos de San Lázaro, co soño de voltar un día a ser el que foi.

San Lázaro


É o Estadio actual do Comps, atópase no barrio de San Lázaro, ó noroeste da cidadee requeriu unha inversión aproximada de tres mil millons de pesetas.Foi obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois, realizada pola empresa constructora Entrecanales. A sá capacidade son 14.000 espectadores, cómodamente sentados en butacas independentes e a resgardo da chuvia.Dispón dun aparcamento para 2000 prazas e un campo de futbol anexo para os adestramentos de 106x64 metros.O estadio, foi inaugurado o 24 de xuño de 1993 co primeiro partido dun torneo cuadrangular entre os equipos R.C. Deportivo da Coruña, River Plate, Sao Paulo e Tenerife. Este primeiro partido disputariano o Deportivo e o River Plate e finalizaria co resultado de empate a 1 gol. O primeiro gol neste estadio marcariao Roberto Gama de Oliveira "BEBETO". Dous dias despois deste torneo houbo unha xornada de portas abertas que permitiu os aficionados conocer en detalle as novas instalacions polideportivas.

Santa Isabel

Inaugurado o 22 de setembro de 1963, foi o estadio no que se desenrolou todo o historial deportivo da S.D. Compostela ate a tempada 1993-94, na que o equipo pasou a xogar no Multiusos de San Lázaro. Sta. Isabel viviu os seus momentos mais polémicos cando, ó pouco de vincularse ó Compostela, o presidente do clube, Elisardo García, decidiu acometer o derribo do entarimado de palcos de madeira con que contaba, enton, o estadio, e abrir unha porta na muralla que daba ó Cuartel, fronte ó espacio onde despois se levantaría a tribuna. O enton alcalde, Angel Porto Anido, fixo valer os dereitos de propiedade municipal, xa que a obra non contara co permiso correspondente, pero non houbo maiores enfrontamentos entre o Concello e o clube, que por outra banda, conseguiria uns ingresos de 250.000 pesetas pola explotación publicitaria do estadio durante os encontros do Compostela nos seus primeiros cinco anos de xogo en Santa Isabel. Outro presidente do Clube, Romero Puente, contribuiria a construcción da tribuna cuberta, réplica e contrapunto da tribuna primitiva. Tra-la aprovación do proxecto polo axuntamento o 17 de xuño de 1969, a Caixa de Aforros de Santiago financiou as obras, firmadas polos arquitectos, Baltar e Bartolomé e executadas pola constructora Cousa. Durante o tempo de mandato do presidente José Albarrán Juárez, dotouse ó estadio, con capacidade para 8.000 espectadores, de iluminación eléctrica. As instalacions eléctricas significaron para o clube unha inversión de un millón de pesetas. Anos despois, detras de Santa Isabel acondicionouse un terreo de xogo para as competicions dos xuveniles e o adestramento do primeiro equipo, pero a necesidade de untilizar este terreo para a construcción do actual Pabellón Polideportivo Municipal motivou a desaparición do citado campo.

Estadio da Residencia da Universidade

Utilizouse durante o primeiro ano de existencia do clube, mentres se acababan as obras do estadio municipal de Santa Isabel